Sunday 19 de May de 2024

Máis de 270 estudantes disfrutaron dunha actuación musical no Auditorio de Riveira con motivo do Día de Rosalía de Castro


Un total de 278 rapaces pertencentes a catro centros educativos do municipio disfrutaron hoxe no Auditorio dunha actuación musical para conmemorar o Día de Rosalía de Castro no 178º aniversario do seu nacemento.

Os alumnos de IES Número 1, IES Leliadoura, CIFP Coroso e colexio Bayón asistiron ao espectáculo “Na lingua que eu falo”, con Najla Shami á voz e Héctor Lorenzo á guitarra.

A actividade estivo promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Riveira e contou coa participación da responsable deste Departamento, Alicia Fernández, e máis da edil de Educación Maricarmen Vizcaya.

Unha vez rematada a actuación, os asistentes tiveron ocasión de participar nunha charla coloquio en torno á Rosalía de Castro e a súa obra.